Data: 22 de Setembro de 2024.
Horario: de 11:00 – 13:00h Lugar: Salón de Actos Concello de Cambre Docente: Xosé Manuel del Rio Inscripcións: Pechadas |
Inscripcións
Esta formación é gratuita para socios de Andoa. Podedes solicitar a alta como socio e anotarvos no curso coa inscripción no evento neste enlace. O prazo de inscrición do curso pecharase o mércores 18 de setembro as 20:00h.
Se queres saber mais sobre os beneficios de ser socio de Andoa infórmate na sección Hazte Socio.
Sobre o curso
Este curso vai dirixido especialmente aos socios que comezan este ano a súa andaina con Andoa e queren iniciarse no mundo da micoloxía, e tamén a todos os socios aos que lles apeteza refrescar coñecementos tralo intenso verán.
Será impartido polo noso compañeiro e experto de Andoa Xosé Manuel del Rio, e vaise desenvolver no Salón de Actos das instalacións do Concello de Cambre situadas na Rúa Río Barcés 6, na Barcala (Cambre). O horario será de 11:00 a 13.00.
Contidos do curso:
- O reino Fungi.
- Clasificación dos Fungos.
- Partes do cogomelo.
- Principais xéneros.
- Pequena exposición de setas e práctica básica de identificación de xéneros e especies máis comúns.
Só nos queda, pola nosa parte, agradecervos a participación e pregarvos PUNTUALIDADE
Saúdos,
Colabora Concello de Cambre