🌿 Curso Básico de Micoloxía 2025
O vindeiro sábado, 20 de setembro de 2025, celebraremos o Curso Básico de Micoloxía, unha actividade que servirá como primeira toma de contacto co apaixonante mundo dos cogomelos e como pistoletazo de saída da nova tempada.
👥 A quen vai dirixido
Este curso está especialmente pensado para:
- Os socios que se incorporan este ano a Andoa e queren iniciarse na micoloxía.
- Socios con experiencia que desexen refrescar coñecementos despois do intenso verán.
👨🏫 Docencia
A formación será impartida polo noso compañeiro e experto:
Antonio Couceiro (Necho)
📍 Lugar: Local da Terceira Idade de Cambre
📌 Enderezo: Rúa Samosteiro, nº 5 (Cambre)
💰 Curso de balde para socios de Andoa.
🕙 Horario:
- Mañá: 10:00 – 13:00 h
- Tarde: 16:00 – 18:00 h
📚 Programa da mañá
- 10:00 h · Presentación do curso
- 10:05 h · Xeneralidades dos fungos: que son e o seu cometido
- 10:20 h · Os cogomelos: variabilidade e estrutura
- 10:45 h · Taller práctico: partes dos cogomelos
- 11:15 h · Clasificación dos fungos: taxonomía e sustratos vitais
- 11:30 h · Descanso
- 11:40 h · Identificación de cogomelos: caracteres macroscópicos, organolépticos, hábitats, comestibilidade
- 12:00 h · Actividade práctica de identificación
- 12:15 h · Principais xéneros
- 12:50 h · Consellos para a recolleita
- 13:00 h · Finalización da parte teórica
🌲 Programa da tarde
- 16:00 h · Taller práctico (voluntario): saída, mostraxe e identificación de cogomelos nos arredores
- 18:00 h · Peche da xornada
📝 Inscricións
O prazo está aberto dende a recepción deste aviso e pecharase o mércores 17 de setembro ás 20:00 h.
👉 Podes inscribirte a través deste formulario de inscrición.
🙏 Rematamos cun agradecemento
Dende Andoa queremos agradecer a vosa participación e lembrar a importancia da puntualidade para o bo desenvolvemento da actividade.